top of page

O CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, galardoado nos Premios José Hermida de Radio Escolar

Laura Moure/Silleda

O CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira foi un dos centros galardoados na segunda edición dos PrO emios José Hermida de Radio Escolar, promovidos pola emisora Radio Pontevedra en colaboración coa Xunta de Galicia e a UNED. A gala de entrega celebrouse onte en Pontevedra e contou coa participación de representantes dos centros premiados.


O alumnado de 4º de Primaria do centro silledense recibiu este recoñecemento polo podcast A mellor sopa do mundo, un traballo co que o colexio participou neste certame de radio escolar, que nesta edición reuniu a 107 centros educativos, 117 podcasts e arredor de 2.500 alumnos e alumnas.

Os nenos e nenas do CEIP Ramón de Valenzuela estiveron acompañados durante a entrega de premios pola alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e pola concelleira de Educación, Ángela Troitiño, que quixeron arroupar ao alumnado e ao profesorado nunha xornada moi especial para a comunidade educativa do municipio.


A alcaldesa, Paula Fernández, felicitou ao alumnado participante, ao equipo docente e ao conxunto do centro por este recoñecemento, destacando “o enorme valor dun premio que nace do traballo en equipo, da creatividade e da capacidade dos nenos e nenas para comunicar, investigar e expresarse a través da radio”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Fernández subliñou ademais que iniciativas como esta “contribúen á formación crítica da mocidade, porque a radio escolar axuda a aprender doutro xeito, a escoitar, a falar en público, a ordenar ideas e a compartir coñecemento”. Neste sentido, puxo en valor que o CEIP Ramón de Valenzuela “leve o nome de Silleda a un certame no que participaron máis dun cento de centros de toda Galicia, demostrando unha vez máis a calidade, a implicación e a vitalidade da nosa comunidade educativa”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A rexedora tamén destacou o orgullo que supón para o Concello acompañar ao alumnado neste tipo de citas. “Para Silleda é unha satisfacción inmensa ver como os nosos centros educativos son recoñecidos polo seu traballo, pola súa capacidade innovadora e polo compromiso do profesorado. Este premio é, sobre todo, un recoñecemento ao esforzo dos nenos e nenas, que hoxe son os verdadeiros protagonistas”, indicou.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page