Laura Moure/Melide
Este venres a comunidade educativa do Ceip Mestre Pastor Barral de Melide realizou unha carreira solidaria para loitar contra a leucemia infantil. Este centro educativo das comarcas uniuse así aos 650 colexios que este ano participaron nesta acción solidaria. "Nós tivemos que facela este venres 4 de novembro, xa que o 28 de outubro ( día oficial da carreira ) o tempo non o permitía", sinalan dende o colexio.

O centro contou coa colaboración do Concello de Melide, da Policía Local, de Protección Civil, do Grupo Jim Sports, da ANPA Camiño Real, ademais de todos os mestres e o personal non docente que alí traballa.
Este ano foron 651 colexios os que participaron en toda España, un total de 266.181 persoas. Cada participante aporta 1 euro que será entregado para impulsar proxectos de investigación contra a leucemia infantil.
Os interesados poden obter máis información desta iniciativa solidario no enlace:
Comentarios