top of page

O CEIP de Palas e o Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces incorpóranse ao modelo plurilingüe

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Para o vindeiro curso son 42 novos centros educativos que se suman a esta iniciativa


Laura Moure/A Ulloa/Deza

Un total de 465 centros educativos, 42 deles de nova incorporación, formarán parte o vindeiro curso do modelo plurilingüe da Xunta de Galicia, unha acción enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Das catro comarcas incorpóranse o CEIP de Palas de Rei e o CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, ambos en Educación Primaria, en concreto en plástica.

Este modelo plurilingüe -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).


Así pois, coas novas incorporacións, o próximo curso haberá un total de 382 centros (cinco máis que este curso) con plurilingüismo en Primaria ou ESO, ou en ambas etapas á vez (Plurilingüismo clásico), 212 (41 máis) con Plurinfantil (que contan tamén, na súa maioría, con plurilingüismo en Primaria) e 15 (dous máis) centros Pluribach( que tamén pode ser combinado con outra etapa).


Para dar apoio a estes centros, a Consellería pon ao servizo da comunidade educativo un total de 628 auxiliares de conversa neste ano académico, o que significa multiplicar por dez os do ano 2008.


O listado completo pode consultarse no seguinte enlace:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page