top of page

O CEIP Cerdeiriñas de Piloño sementa a Igualdade!

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Iniciou onte un proxecto promovido pola ANPA Paxariñas, deseñado e implementado por SororAs.gal e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade


Laura Moure/Vila de Cruces

No CEIP Cerdeiriñas de Piloño iniciouse onte, día 11, a iniciativa Sementando Igualdade! É proxecto promovido pola ANPA Paxariñas, deseñado e implementado por SororAs.gal e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade enmarcado na axuda SI449B, Axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres. En concreto, está composto de cinco actividades, catro para as crianzas e unha para as familias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Ademais, contaremos coa colaboración de tres asociacións locais referentes como son a AaCC Garatuzas de Piloño, a Banda Artística de Merza e AACC Vello dos Cornos", adianta a ANPA. Este proxecto durará ata o 25 deste mes.

"Comezamos co programa Sementando Igualdade no CEIP Plurilingüe Cerdeiriñas de Piloño co obradoiro Acurtando Distancias co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Nel abordamos a loita contra a violencia machista dende a educación polas relacións afectivo sexuais saudables", explica o colectivo.


0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page