O Catastro inicia de oficio o procedemento simplificado de valoración catastral en Silleda
- Laura Moure

- 19 feb
- 1 Min. de lectura
Modificarase o valor catastral das parcelas incluidas no pxom como solo de natureza urbana
Laura Moure/Silleda
A Dirección Xeral do Catastro iniciou de oficio un Procedemento Simplificado de Valoración Catastral no municipio de Silleda, co obxectivo actualizar os valores catastrais dos terreos que, tras a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o 2 de xaneiro de 2023, adquiriron a condición de solo de natureza urbana.

En todo caso, cada afectado recibirá una notificación individualizada cos valores catastrais resultantes, na que poderá comprobar o cambio de valor da propiedade ao pasar a estr delimitado como solo de natureza urbana. Según trasladan do Catastro aplicaranse a cuota máis baixa para este tipo de solo fixada na ponencia de valores vixente.
Publicidade
Este Procedemento Simplificado de Valoración dos solos urbanos terá efectos tributarios dende o 1 de xaneiro de 2024, exercicio seguinte ao da aprobación do Plan Xeral de ordenación (PXOM) e de acordo a ley 13/2015 do 24 de Junio que da regulación normativa e cobertura xurídica á valoración de este tipo se solos
As persoas que queiran comprobar se a súa parcela está incluída neste procedemento poden consultar directamente o expediente do Catastro nº 352074.36/24 a través da Sede Electrónica do Catastro (www.sedecatastro.gob.es ) ou acudindo á Xerencia do Catastro en Pontevedra.








Comentarios