O Casino de Lalín albergará o día 9 a primeira Leria da Roseira con motivo do mes das Letras Gaelgas
- Laura Moure

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
A cita está organizada polo grupo de pandeireteiras Roseira Brava
Laura Moure/Lalín
O grupo de pandeireteiras Roseira Brava organiza a primeira Leria da Roseira, con motivo do Mes das Letras Galegas. A cita terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:30 horas no Café Bar Casino, nunha actuación que contará tamén con artistas convidadas/os, cuxos nomes se darán a coñecer ese mesmo día.

PUBLICIDADE
A entrada será de balde para as persoas socias do Casino, e para o público xeral funcionará mediante billeteira inversa. Coa súa particular alegría, selo xa de Roseira Brava, convidan a todas as persoas a unirse e botar un baile.
PUBLICIDADE
Roseira Brava comezou a súa andaina en novembro de 2022 e foi medrando progresivamente ata consolidarse como unha formación de 16 integrantes na actualidade. O grupo está dirixido por Marta Mouriño, referente da cultura e do folclore tanto da comarca de Deza como do conxunto de Galicia.








Comentarios