top of page

O campo de fútbol de Santiso estrea céspede artificial de última xeración grazas ao apoio da Deputación

A remodelación do campo de fútbol contou co cofinanciamento da institución provincial, que aportou 123.000 euros para cubrir o 66% do orzamento da obra


Laura Moure/Santiso

O deputado de Deportes, Antonio Leira; o deputado portavoz do Goberno provincial Bernardo Fernández e o alcalde de Santiso, Manuel Adán, asistiron este sábado á inauguración do novo céspede artificial do campo de fútbol do municipio, unha actuación á que se destinou un investimento de 185.648,62 euros.

A Deputación da Coruña aportou o 66% do orzamento, cofinanciando a modernización do terreo de xogo con 123.000 euros, mentres que o importe restante foi asumido polo Concello de Santiso con fondos propios. Esta colaboración quedou plasmada nun convenio asinado o pasado mes de outubro a través do que se instrumentou a subvención.

Antonio Leira resaltou o esforzo da Deputación para colaborar cos municipios na renovación das instalacións municipais. "Para moitos concellos, modernizar e manter equipamentos coma este campo de fútbol supón un esforzo económico practicamente inasumible. E para iso está a Deputación, para axudar a manter unha oferta de servizos á cidadanía de primeiro nivel".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

No mesmo sentido, Bernardo Fernández destacou que a intervención en Santiso permite "dotar dunhas instalacións punteiras aos veciños e veciñas", impulsando a práctica deportiva nos concellos do rural e garantindo equipamentos públicos de primeiro nivel "en todos os municipios, teñan a poboación que teñan".


Pola súa banda, Adán agradeceu a colaboración da Deputación para acometer un proxecto de especial importancia. No campo, construído hai 20 anos, xogan e adestran a diario tres equipos de fútbol: un senior, un de veteranos e un feminino.

Os traballos consistiron na retirada do céspede e equipamento deportivo anteriores para remplazalos por un novo terreo de última xeración. Acondicionouse o firme do terreo de xogo para evitar deformacións e garantir unha superficie uniforme. Posteriormente, instaláronse 5.225 metros cadrados de céspede artificial sobre unha base elástica para absorber impactos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O céspede satisfai os requerimentos de cualidade das categorías FIFA Quality e FIFA Quality Pro, que certifican a súa aptitude para a práctica do fútbol.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page