top of page

O Camiño Francés e o Camiño de Santiago de Gran Canaria formalizan o seu irmandamento en Arzúa

hace 29 minutos
2 min de lectura

O acto terá lugar o 9 de novembro na Capela da Madanela


Laura Moure/Arzúa

A Capela da Madanela de Arzúa acollerá o vindeiro luns, 9 de novembro, ás 12:00 horas un fito histórico: o Camiño de Francés e o Camiño de Santiago en Gran Canaria botan a andar xuntos cara un Xacobeo máis alá dun oceáno. O Camiño Francés, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o Camiño de Santiago en Gran Canaria, con máis de medio século de bula papal, materializan o seu irmandamento nun acto de presentación dun folleto conxunto e un sello para as credenciais coas que selarán a credencial de cada un dos peregrinos que percorran os municipios destes dous históricos camiños a partir do 1 de xaneiro de 2027.

Acto celebrado no Castelo de Pambre (Palas de Rei) entres os dous Camiños.
Acto celebrado no Castelo de Pambre (Palas de Rei) entres os dous Camiños.

A presentación que contará cos 11 alcaldes galegos que forman esta ruta, así como os tres rexedores canarios, busca presentar a imaxe creada en conxunto de ambos camiños para a promoción do Camiño Francés na Isla así como do Camiño Canario en Galicia, así como para a súa proxección internacional.

 PUBLICIDADE

Ó acto asistirán os rexedores de San Bartolomé de Tirajana, Tejeda, Gáldar, Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (Embaixador de Honra do Camiño de Santiago), os Delegados da Xunta de Coruña e Lugo, Ildefonso de La Campa, Director do Xacobeo, así como altos mandos da Garda Civil de Santiago de Compostela, Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, alcaldes de municipios veciños e representantes del

Camino con Correos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Máis alá de que un irmandamento quede nunha simple foto, o obxectivo é empezar a executar o seu traballo en conxunto para que no Ano 2027, o Xacobeo en Galicia e en Gáldar sexan complementarios para continuar coa súa promoción internacional no ano 2028.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page