top of page

O Concello de Silleda renova a iluminación do local da Asociación de Mulleres

hace 2 minutos
1 min de lectura

O obxectivo da actuación é mellorar as condicións nas que se imparten os seus cursos


Laura Moure/Silleda

O local da Asociación de Mulleres de Silleda conta cunha nova iluminación que permitirá ás súas usuarias desenvolver as actividades en mellores condicións, especialmente aquelas que requiren maior precisión visual, como a costura, a calceta ou os bolillos. O Concello de Silleda atendeu así unha petición das integrantes da asociación, que trasladaran a necesidade de contar cunha maior intensidade de luz nos espazos nos que se imparten os cursos.


Os traballos consistiron na instalación de novas luminarias LED, que ademais de mellorar a calidade da iluminación permiten reducir o consumo eléctrico e avanzar na eficiencia enerxética do local.

 PUBLICIDADE

Esta colaboración forma parte do apoio que o Concello presta ao tecido asociativo, contribuíndo ao mantemento e á mellora dos espazos nos que as entidades desenvolven a súa actividade diaria.


Un espazo para aprender e compartir

Máis alá dos cursos, a Asociación de Mulleres de Silleda ofrece un punto de encontro no que compartir afeccións, aprender novas habilidades e desfrutar da compañía doutras persoas. A entidade mantén unha programación semanal que inclúe bolillos os luns, costura os martes e xoves, e calceta e inglés os mércores.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Dende o Concello quérese recoñecer a implicación das mulleres que fan posible esta actividade e animar á veciñanza a achegarse á asociación e participar nas súas propostas, que contribúen a manter viva a actividade social e asociativa do municipio.


As persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos poden contactar coa asociación no teléfono 625 901 579.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page