Trátase de códigos QR que dirixen a pequenos vídeos gravados con dron cos que se pretende ofrecer aos peregrinos unha perspectiva diferente da que poden obter durante o seu percorrido a pé
Laura Moure/Comarcas Arzúa e Terra de Melide
O Camiño do Norte en Galicia conta desde esta semana cunha nova sinalización. Trátase dos indicativos do proxecto Alén dos Pasos, incluído no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Estes sinais trasladan códigos QR que, á súa vez, dirixen a pequenos vídeos gravados con dron cos que se pretende ofrecer aos peregrinos unha perspectiva diferente da que poden obter durante o seu percorrido a pé.

O proxecto Alén dos Pasos está impulsado pola empresa Fílmate Estudos Audiovisuais e con el preténdese profundar no papel do Camiño de Santiago como escaparate de Galicia. Así, con estes pequenos vídeos, os peregrinos teñen a oportunidade de descubrir recunchos e perspectivas ás que non terían acceso desde o seu roteiro a Compostela. Os sinais xa está instaladas nos concellos de Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Begonte, Guitiriz, Sobrado dos Monxes, Arzúa e O Pino. Estes indicativos de madeira atópanse sempre próximos a algún dos mojóns que sinalan o trazado do Camiño. A través dun breve texto en galego, castelán e inglés e un código QR, cada unha dos sinais dirixe a un vídeo no que os peregrinos poden ver algúns dos atractivos da contorna no que se atopan.
En ocasións, a vista de paxaro cínguese ao propio trazado do Camiño. Noutras, os peregrinos teñen a oportunidade de descubrir senllas naturais, roteiros, elementos patrimoniais e enclaves de interese dentro do termo municipal e que non están incluídos no seu percorrido. Todos os vídeos do proxecto son accesibles a través da canle de Youtube Alén dos Pasos: https://www.youtube.com/channel/uc9PjqXPzaJBNHWjIrPS2JYg
Comments