O Camiño de Nós, protagonista no IES Pintor Colmeiro ca programación cultural do Concello
- Laura Moure
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda

A programación cultural do mes das Letras do Concello de Silleda continuou na xornada de onte no IES Pintor Colmeiro, ca celebración dunha xincana na que participaron os alumnos e alumnas de 1º da ESO, co Camiño de Nós como protagonista. Con esta actividade, dende o Concello de Silleda promocionase esta ruta cultural que rememora a andaina a Compostela realizada no verán de 1926 por un grupo de intelectuais e escritores da Xeración Nós.
Entre aquel grupo de peregrinos figuraban Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Sete galeguistas que descubriron coas botas nos pés, o seu propio país, documentando a viaxe Xabier Pardo Bedía.
Publicidade
O alumnado realizou a xincana con 5 probas nas que descubriron distintos aspectos relacionados coa ruta, entre eles tamén o patrimonio e territorio locais. Esta actividade forma parte tamén das iniciativas para a promoción deste roteiro, complementando a sinalización levada a cabo en varios puntos (nas parroquias de Parada, Laro, Oleiros, Cortegada e Silleda, entre outros), ou a obra teatral que se celebrou no seu día no lugar de O Foxo.
Silleda forma parte do grupo de Concellos que promocionan esta ruta, que discorreu no seu día por Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo e Santiago de Compostela. Dende o Concello agradécese a colaboración do IES Pintor Colmeiro na celebración desta actividade.
Comments