O caldo: o prato máis clásico da gastronomía galega é honrado en Sobrado
Este concello celebrou a súa primeira festa sobre este dentro da súa novena Feira de Outono
Laura Moure/IsmaelRS/Sobrado dos Monxes

Podemos dicir que o caldo é o prato máis clásico da gastronomía galega e en épocas como o outono e o inverno non falta en ningunha casa. Hai quen tamén o come durante todo o ano. E nas comarcas un concello decidiu este ano facerlle unha homenaxe. Falamos de Sobrado dos Monxes que o pasado domingo 5 de novembro celebrou a súa I Festa do Caldo dentro da súa IX Feira de Outono.
Publicidade
Nesta cita había varios postos nos que se podía mercar distintos produtos e artigos: pan, queixos, cogumelos, embutidos, cremas, ... Ademais a música da Maristela marcou o ritmo musical e os máis cativos desfrutaron dun taller de pintura e tamén se puideron ver cabazas decoradas polos máis pequenos da casa.
ECOS DA COMARCA estivemos alí e mirade todo o que nos contaron:
Como podedes ver houbo degustación de caldo, lacón cocido e filloas.
Publicidade









Comentarios