O cabreiro máis famoso Jesús Manuel El Autóctono fai parada en Toques, Melide, Arzúa e O Pino
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Este youtuber de Extremadura está facendo o Camiño Primitivo
Laura Moure/C. Melide e Arzúa
O youtuber Jesús Manuel El Autóctono, nome artístico de Jesús Manuel Martín Crespo, está estes días a percorrer o Camiño Primitivo ao seu paso polas comarcas de Terra de Melide e Arzúa, facendo parada en concellos como Toques, Melide, Arzúa e O Pino.

Este creador de contido é un gandeiro de Extremadura, da zona da Serra de Gata (Cáceres), moi coñecido nas redes sociais pola divulgación da vida no rural e da gandaría tradicional. Nos seus perfís suma milleiros de seguidores entre distintas plataformas, onde comparte o día a día co seu rabaño de cabras e contidos relacionados coa natureza, a gastronomía e o patrimonio rural.
PUBLICIDADE
O seu canal en YouTube acumula centos de miles de subscritores e millóns de visualizacións grazas a vídeos gravados en formato directo e natural sobre o traballo no campo e a defensa do sector primario.
PUBLICIDADE
Durante o seu percorrido polo Camiño está a compartir vídeos e impresións das distintas etapas, destacando a paisaxe, o gando e a hospitalidade da veciñanza, contribuíndo así á promoción do territorio e das rutas xacobeas ao seu paso polas comarcas.








Comentarios