O BNG rexistrou no Parlamento Galego varias iniciativas sobre o SAF no concello de Rodeiro
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 4 Min. de lectura
"Nos concellos pequenos teñen un problema aínda maior ca nos outros para facerlle fronte ao pago do servizo e a súa prestación", subliña o Bloque
Ecos da Comarca/Rodeiro
O BNG rexistrou no Parlamento Galego varias iniciativas ao respecto do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no concello de Rodeiro. "Nos concellos pequenos teñen un problema aínda maior ca nos outros para facerlle fronte ao pago do servizo e a súa prestación", subliña o Bloque.
"A porcentaxe da poboación galega de máis de 65 anos xa é superior ao 30% da total do país mais, estes datos son amplamente desbordados nas zonas de carácter rural onde a crise demográfica, que afecta especialmente ao interior galego, deixa un nivel de avellentamento e de taxas de natalidade preocupantes en comarcas coma a do Deza
Tabeirós e Terra de Montes", resalta o BNG.

O grave descenso poboacional da devandita comarca, apunta, reflectido de xeito claro en
concellos coma o de Agolada, Forcarei ou Rodeiro, "e do que tampouco se libran outros de
ç maior tamaño, revela a fonda crise demográfica que atravesa, agravada pola marcha da
xente nova que ten alí as súas orixes cara vilas de maior tamaño ou cidades e que deixa
imaxes nas que mais do 40% da poboación supera os 65 anos de idade confirmando que,
de non tomarse medidas, o rural galego corre o perigo de ficar baleiro".
Factores, explica, "coma a ampla dispersión xeográfica, a densidade poboacional de 20 habitantes por quilómetro cadrado, ou un crecemento vexetativo menor ao 10% sitúan a
concellos de pequeno tamaño nunha deriva que o propio Consello de Contas advirte que
só aplacará cunha boa oferta e prestación de servizos por parte do goberno da Xunta de
Galiza, onde a poboación poida gozar das mesmas facilidades viva onde viva, con definicións claras e plans concretos no caso das localidades en reto demográfico coma a
de Rodeiro".
"Un deses servizos de vital importancia e o que máis usuarios concentra na totalidade do país, é o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cada vez máis demandado en Galiza pola necesidade de conciliar das familias sumada á nosa esperanza de vida, unha das maiores do conxunto do estado. Este servizo, prioritario para os nosos maiores, está a ser sostido en grande parte polos concellos do país, que ven moi minguados os seus orzamentos ao ter que financialo a través dunhas contías que non lles corresponden e que, no caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes dan lugar a unha inestabilidade e escaseza de recursos que impiden levar a cabo outros proxectos tamén necesarios para veciños e veciñas".
O resultado destas políticas de infrafinanciamento local, "cun claro desmantelamento do sistema de coidados e dependencia por parte da Consellería de Política Social, aféctalle especialmente a concellos de pequeno tamaño e poboación envellecida, coma é o caso de Rodeiro. Ao igual que ocorre no resto do país, o concello está a asumir competencias que non lle son propias, xestionando servizos sen garantir a achega económica necesaria para facelo, aumentando a inestabilidade orzamentaria e poñendo en risco o benestar e a calidade do servizo que se lle oferta aos usuarios de Rodeiro", lamenta o BNG.
Publicidade
No actual sistema de financiamento do SAF, engade, "hai varios módulos, a través dos cales a Xunta de Galiza aporta para a prestación do servizo 12 euros/ hora, incumprindo
abertamente a Lei de Dependencia, que deixa claro que dende o Goberno Galego e o Goberno do Estado deben financiar o 100% dos custos derivados do SAF. Mentres, a contía restante están a asumila os concellos e as persoas usuarias a través do copago en función da súa renda e patrimonio. Desta maneira os concellos son quen lle fan fronte á
maior parte dos gastos, asumindo a práctica totalidade do que resta ata os 21-23 euros que dende o Colexio de Traballo Social indican que é o custe da hora de traballo, con efectos moi negativos sobre a súa capacidade económica".
Non entanto, apunta, "e aínda que ningún dos gobernos cumpren coas súas obrigas, a Xunta de Galiza foi quen de iniciar expedientes por incumprimento do servizo a diversos
concellos galegos, entre os que se atopa Rodeiro. Nada se coñece sobre o compromiso do presidente da Xunta de fai un ano, onde se confirmaba pola súa parte que era necesario aumentar a contía aportada pola administración autonómica e se comprometía a facelo, sen que se saiba nada diso actualmente e cunha situación cada vez máis preocupante por parte dos concellos de menor tamaño coma o que se está a tratar, asfixiados por gastos impropios, onde no caso de Rodeiro tamén asumen a maior parte dos gastos derivados do PAI que presta atención ás crianzas do concello".
Por todo o exposto formúlanse as seguintes preguntas para resposta escrita:
Considera a Xunta de Galiza que está garantindo o correcto funcionamento do SAF en Rodeiro coas contías que lle achega ao concello para levar a cabo este servizo?
Considera a Consellería de Política Social aceptable ter listas de agarda en Rodeiro onde o número de usuarios que están á espera do servizo do SAF é practicamente
o mesmo que os que están a gozar del nun concello onde máis do 40% da poboación ten máis de 65 anos?
Publicidade
Cantos usuarios están a agardar pola valoración do sistema de dependencia en
Rodeiro? Cal é a media de agarda para valoración da dependencia neste concello?
Que contía achegou o goberno galego para a prestación do SAF ao concello de
Rodeiro no 2024 do total do necesario para levalo a cabo?
Considera a Xunta de Galiza que iniciar expedientes a concellos coma Rodeiro
por incumprimentos na prestación do SAF é aceptable cando non se está a achegar a contía establecida pola Lei de Dependencia para financiar o servizo e están a asumir por
parte da administración local unhas competencias que lle son impropias?
Considera a Xunta de Galiza que a situación de Rodeiro en canto á dependencia
mellorará sen aumentar as contías aportadas por parte da administración autonómica nun
concello cun forte avellentamento poboacional onde o 40% da poboación ten máis de 65
anos?
Que medidas está a tomar a Xunta de Galiza ao respecto das dificultades de
contratación de persoal traballador para o SAF que os propios concellos coma Rodeiro,
trasladan? Considera que as condicións de traballo no SAF son as adecuadas?
Comments