O BNG organiza para o 10 de xullo en Arzúa a presentación do libro 'O imperialismo no século XXI'
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 2 min de lectura
A cita será na Librería Anagrama e estará presente o autor, Duarte Correa Piñeiro
Ecos da Comarca/Arzúa
O BNG anima á veciñanza a participar da presentación do libro “O imperialismo no século XXI” que terá lugar o vindeiro 10 de xullo ás 20 horas na Librería Anagrama de Arzúa coa presentación de Duarte Correa Piñeiro, autor e analista internacional.

PUBLICIDADE
Esta obra é unha análise a situación xeopolítica actual, na que se ofrece unha reflexión sobre a economía internacional e claves que permitan comprender o actual xenocidio da Palestina, mais tamén guerras e conflitos coma os do Irán, Ucraína, Cuba ou Venezuela. Nun contexto cambiante, onde se suceden noticias de grande impacto sobre a situación internacional, Correa busca desmontar mitos e visibilizar outras realidades que se manteñen ocultas por desafiaren os intereses imperialistas.
PUBLICIDADE
Duarte Correa Piñeiro, profesor e autor do libro e de diferentes publicacións sobre a soberanía dos pobos, conta cunha ampla traxectoria na análise internacional, colaborando ademais en medios galegos e internacionais e participando en diferentes encontros e seminarios tanto en Europa coma en América Latina.
PUBLICIDADE
Desde a formación nacionalista enmarcan esta actividade na campaña que están a desenvolver a nivel nacional co gallo do Día da Patria Galega, coa que chaman a toda a sociedade a mobilizarse na manifestación nacional que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 25 de xullo baixo o lema Somos unha nación. Soberanía e dereitos nun mundo en paz, e na que o internacionalismo e o antiimperialismo teñen un papel imprescindíbel.









Comentarios