top of page

O BNG leva ao Concello de Cruces o malestar das persoas usuarias pola situación da Carixa

hace 8 minutos
2 min de lectura

Álex Fiúza reclama explicacións sobre os chiringuitos, os aseos, o mantemento e o futuro da área recreativa


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces trasladará ao Concello o malestar que lle están facendo chegar

persoas usuarias habituais da Área Recreativa da Carixa, en Merza, ante a situación na que se atopan diferentes servizos e instalacións dun dos principais espazos de ocio do

municipio.

Foto de arquivo das piscinas da Carixa.
Foto de arquivo das piscinas da Carixa.

Segundo denuncia a formación nacionalista, "os dous chiringuitos están adxudicados á

mesma persoa, un deles non estaría funcionando con normalidade, existen aseos pechados e determinadas tarefas de mantemento da área están sendo asumidas polo propio Concello", cuestións que o BNG considera necesario aclarar.


“Son persoas que utilizan habitualmente a Carixa e que nos trasladan o seu malestar

porque ven como un espazo que debería estar perfectamente coidado e dotado de servizos non está á altura do que merece”, sinala Álex Fiúza, portavoz do BNG.


Por este motivo, o BNG rexistrará no Concello unha batería de preguntas para coñecer en que condicións se concederon os chiringuitos, que obrigas ten a concesionaria, que mecanismos de control está aplicando o Concello e se se están cumprindo as condicións

dos contratos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A formación nacionalista tamén solicitará documentación sobre as concesións, inspeccións

realizadas, posibles incumprimentos e os gastos que está asumindo o Concello en limpeza, mantemento e conservación da área, ademais dos proxectos previstos para mellorar o aparcamento e a zona de autocaravanas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“A Carixa non pode funcionar por inercia. Se hai unhas condicións na concesión, hai que

facelas cumprir, e se os pregos non son realistas, hai que modificalos. O que non pode ser é que as persoas usuarias paguen as consecuencias da falta de planificación do goberno

municipal”, conclúe Fiúza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page