top of page

O BNG lamenta que a Xunta evite o debate sobre a situación do CEIP Nosa Señora da Piedade de Cruces

hace 45 minutos
3 min de lectura

Educación remitiu unha resposta escrita apenas dous días despois de que o Bloque solicitase levar a iniciativa á Comisión 4.ª, bloqueando o debate e evitando que as familias e a ANPA poidan asistir a este


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG denuncia a actuación da Consellería de Educación en relación coas necesidades do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, despois de que tardase oito meses en responder a unha iniciativa parlamentaria e remitise a contestación orde do día da Comisión 4.ª do Parlamento galego para debater a situación do centro.

A deputada do BNG no Parlamento galego, Ariadna Fernández, e o portavoz municipal da formación en Vila de Cruces, Alex Fiúza, consideran "especialmente significativa esta coincidencia temporal, xa que a resposta chegou apenas dous días despois de solicitar a recalificación da iniciativa, rexistrada en febreiro, para que puidese ser debatida en comisión". Na práctica, esta actuación impediu que o BNG puidese desenvolver o debate por esa vía e que as familias e a ANPA do centro tivesen a oportunidade de acudir ao Parlamento para escoitar directamente as explicacións do Goberno galego.


"Levabamos oito meses esperando unha resposta da Consellería e, xusto cando solicitamos que a iniciativa entre na comisión chega a contestación escrita, que ademais non aclara absolutamente nada do que se preguntaba, evitando prazos e compromisos orzamentarios co centro de ensino. Custa entender que, despois de tanto tempo sen responder, a Xunta o faga precisamente nese momento", sinala Fiúza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pero, ademais da coincidencia temporal, o BNG denuncia que a resposta da Consellería non achega información concreta sobre como pretende actuar no CEIP Nosa Señora da Piedade. "A contestación non aclara se está prevista algunha reunión coa comunidade educativa, se existe unha planificación para atender as necesidades do centro nin se hai prazos previstos para acometer as obras que se veñen reclamando. Tras oito meses de espera, a Xunta non ofrece certezas nin compromisos concretos sobre o futuro das instalacións, feito que non agradou á ANPA, que leva loitando por estas melloras moito tempo".


“Non só chega tarde, senón que non resolve ningunha das dúbidas fundamentais da comunidade educativa. Non sabemos se vai haber reunións, se existe un calendario de actuacións ou cando se acometerán as obras. As familias necesitan saber que vai facer a Xunta e en que prazos, non recibir unha resposta que non concreta como se van solucionar os problemas do colexio”, sinala a presidenta da ANPA.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Álex Fiúza pon o foco na preocupación das familias e na necesidade de que aXunta deixe de adiar unha solución. «A ANPA leva tempo reclamando unhas instalacións adecuadas para o alumnado e trasladando as carencias que presenta o colexio. O que necesitan as familias é que se lles escoite e que se actúe, non que se dificulte que poidan coñecer de primeira man a posición da Consellería. Estamos falando das condicións nas que as nenas e os nenos estudan, conviven e desenvolven a súa actividade diaria", afirma o portavoz municipal.


A formación nacionalista deixa claro que esta actuación non vai impedir que continúe reclamando solucións. “Dende o BNG rexistramos unha nova iniciativa sobre o centro en setembro e seguirá explorando as distintas vías parlamentarias dispoñibles, tanto no Pleno como nas comisións, para conseguir que a situación do CEIP Nosa Señora da Piedade se debata e que a Xunta dea explicacións e asuma compromisos concretos”, conclúe Fernández.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page