O BNG lamenta a "falla de formación profesional relativa ao sector agrogandeiro en Lalín e comarca"
- ecosdacomarca

- 31 jul 2025
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG bota en falla formación profesional relacionada de xeito íntimo coa realidade económica de Lalín e a súa contorna. A deputada lalinense Ariadna Fernández recorda que “a importancia do sector primario en Lalín merece ser tomada en conta á hora de ofertar formación, pensando no posterior desenvolvemento profesional das mozas e mozos que deciden continuar no rural”.

"Que o sector agrogandeiro en Lalín e da comarca é un piar fundamental no desenvolvemento dezao non é un segredo para ninguén. Non só no referido á produción de leite e carne de vacún, onde somos referencia, se non na gandería en todo o seu
conxunto. Co paso dos anos e o esforzo de moitos gandeiros e gandeiras chegamos a ser
punteiros no sector porcíno, avícola ou cunícola, sendo exemplo de grande modernización
e influencia na nosa economía e na do país, e que se estende tanto en Lalín coma na a
contorna. Por ese motivo grande parte dos habitantes do Deza están relacionados co sector ou coas súas actividades secundarias, converténdose en parte fundamental da vida diaria dos concellos. O forte impacto no tecido económico non é alleo a ninguén, con centos de empregos directos ou indirectos a través, por exemplo, de empresas que traballan con materias primas e pensos, venda de produtos de uso gandeiro e agrícola, sementes e medicamentos, estruturas, maquinaria agrícola e coa presenza tamén de empresas transformadoras dos noso produtos, un importante axente valorizador.
Publicidade
“Non é doado, apunta, "de entender que nun concello onde a actividade agrogandeira ten
este potencial, os nosos mozos e mozas non teñan unha oferta formativa adaptada ao respecto e se vexan obrigados a desprazarse para matricularse en ciclos especializados
neste sector”, aclara a deputada lalinense Ariadna Fernández facendo mención a todos aqueles que teñen a intención de formarse e non poden facelo á beira da casa, en moitas
ocasións onde teñen a explotación familiar na que colaboran. “Que sufrimos un problema
demográfico nos concellos de interior é evidente e creo que unha forma de palialo na
medida do posible é fomentar que aqueles que teñen unha explotación familiar que está
funcionando e está implantada no rural, poidan continuar con ela se así o deciden” aclara
Fernández poñendo o foco en que “a formación ten que ter unha relación íntima co
desenvolvemento profesional que cada zona do país presenta.
E sinala que "non é normal que acabemos de saber que temos 5 granxas de leite situadas entre as 20 mellores por índices xenéticos do estado, que contemos cunha granxa que depende da deputación que facilitaría moito as prácticas, ou que haxa centos de empresas no concello relacionadas con sector e que o noso relevo estea desprazándose a outras provincias para formarse”.
Publicidade
A oferta formativa que a concelleira lalinense bota en falla trataría dunha especialización encamiñada ao emprego e ao mantemento do sector vivo, que fornecería de profesionais ás empresas e as propias explotacións e que se desenvolvería a través de ciclos superiores e medios de gandería e asistencia animal, ou de produción agropecuaria e agroecolóxica. “O Conselleiro de Educación, lalinense ademais, debera coñecer o seu concello e saber das súas potencialidades, polo que non entendemos o inmobilismo ao respecto desta necesidade que xa presentamos no Parlamento Galego e da que seguimos sen ter avances” remata Fernández lembrando que xa se rexistraron iniciativas ao respecto que foron ignoradas polo goberno galego en detrimento do sector primario da comarca.








Comentarios