top of page

O BNG denuncia que a maioría da superficie incluída nas parcelarias de Lalín segue sen rematar o proceso

5 nov.
2 min de lectura

A deputada Ariadna Fernández levará este venres á Comisión 7ª do Parlamento galego a parálise das concentracións parcelarias en desenvolvemento no concello


Ecos da Comarca/Lalín

O Bloque Nacionalista Galego denunciará este venres na Comisión 7ª do Parlamento galego a situación de parálise que sofren os procedementos de concentración parcelaria

no concello de Lalín e reclamará partidas específicas nos orzamentos da Xunta para avanzar na reestruturación da terra, ante a crecente falta de superficie agraria útil

que compromete a rendibilidade das explotacións gandeiras. A deputada nacionalista

Ariadna Fernández será a encargada de defender esta iniciativa, coa que o BNG pretende

esixir explicacións á Xunta de Galicia polos atrasos acumulados e reclamar compromisos

económicos concretos que permitan avanzar na finalización das parcelarias.

Fernández considera "inaceptable que nun concello cun peso agrogandeiro tan importante como Lalín existan procedementos que levan ata 25 anos sen resolverse,

mentres as explotacións continúan afrontando dificultades cada vez maiores para acceder

á terra que precisan para desenvolver a súa actividade". Actualmente, Lalín conta con

sete concentracións parcelarias en desenvolvemento, situación que evidencia a

necesidade de acelerar os procedementos e garantir os recursos económicos e

administrativos necesarios para a súa finalización.

 PUBLICIDADE

A formación nacionalista advirte de que a falta de superficie agraria útil (SAU) constitúe un

dos principais problemas estruturais que afronta actualmente o sector agrogandeiro galego, especialmente en comarcas cunha importante implantación da actividade

gandeira como Deza.


Sinala que a dificultade para acceder a terras próximas, produtivas e cunha estrutura adecuada limita a capacidade das explotacións para producir os seus propios alimentos, incrementa a dependencia de insumos externos e obriga a asumir maiores custos de produción. "Non podemos seguir esixíndolles ás nosas ganderías que sexan cada vez máis

competitivas, que modernicen as súas instalacións e que melloren a súa eficiencia,

mentres a propia Administración non lles facilita algo tan básico como dispoñer de terra

agraria suficiente para traballar", sinala Fernández.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A deputada nacionalista lembra que esta situación se produce nun contexto de

incremento dos custos de produción, no que a alimentación animal, a enerxía, os fertilizantes ou os combustibles supoñen unha presión económica importante sobre as

explotacións.


O BNG lembra que a situación das parcelarias de Lalín non constitúe un caso illado,

senón que forma parte dunha problemática que se estende polo conxunto da comarca de Deza, onde diferentes procedementos de concentración e reestruturación parcelaria

acumulan anos de atrasos e compromisos pendentes de executar.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page