top of page

O BNG de Vila de Cruces pide "conciencia ambiental e solidaridade" ao goberno local

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces propón un control no uso da auga pública por parte do concello, "xa que debe ser, a entidade local, quen dea exemplo de consumo responsable da auga, debido á situación de seca na que está todo o país".

O voceiro, Alex Fiuza, pídelle ao alcalde que tome consciencia da realidade na que estamos, "e mentres noutros concellos veciños levan máis de 10 días restrinxindo o consumo de auga, en Vila de Cruces hai un auténtico descontrol. A falta de auga é un problema que nos atinxe a todos", recalca.

En primeiro lugar, o goberno debe propoñer unha alternativa lúdica aos xogos de auga anunciados este venres para o día 9 de agosto. "Xa que mentres outros concellos non poden nin encher as piscinas, aquí en Vila de Cruces, o goberno parece estar á marxe do enorme problema que o mundo está a vivir co cambio climático".

E insiste: "O de poñer as mellores galas para a festa é mais que unha tradición que dende o BNG compartimos, e neste caso o alcalde tamén o leva ata o último extremo. Na última semana limpáronse as rúas da vila, moi necesario, cun camión cisterna, empregándose a fondo na Rúa Vázquez, algo que non é moi comprensible cando en 15 días comezarán as obras de remodelación. Dende o BNG estamos dacordo coa limpeza das rúas por suposto, e ademais propoñémoslle ao alcalde que planifique estas limpiezas máis a miúdo, xa que de ser así seguro que non sería necesario o inmenso gasto de auga que se fixo nunha época na que a auga escasea".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén dende o BNG propoñen "reducir o riego nas zonas axardinadas públicas, como en Fontao, e arranxar os sistemas de riego como na Carixa, que leva perdendo auga dende hai semanas, inundando parte do espazo da área biosaudable".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page