top of page

O BNG de Silleda propón a creación dun espazo de cooworking na vila

Ecos da Comarca/Silleda

Dado que cada vez son máis os veciños e veciñas de Silleda, tanto das vilas como das zonas rurais, que traballan en remoto desde os seus fogares, desde o Bloque de Silleda consideran que sería moi útil contar na vila de Silleda cun espazo municipal de traballo colaborativo no que emprendedores e teletraballadores puidesen ter un punto de encontro ao tempo que desenvolven os seus traballos. Por iso mesmo, os concelleiros do BNG levarán ao próximo pleno ordinario unha moción na que propoñen ao goberno municipal a creación dun espazo colaborativo de traballo (popularmente coñecido como espazo de coworking) de carácter municipal.

Na moción, explícase que dito espazo debería contar con varios escritorios e cadeiras, salas de traballo, internet de alta velocidade, así como acceso a servizos comúns. Como outros espazos destas características, o seu uso estaría destinado tanto a usuarios recorrentes, como a persoas que de xeito esporádico quixesen ir alí a traballar.


Consideran desde o Bloque que a creación deste espazo no centro da vila reportaría importantes beneficios, tales como fixar e atraer novos residentes, impulsar a economía local, dinamizar a actividade social e reducir o illamento profesional, creando unha comunidade conectada de emprendedores e teletraballadores.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Cremos que un espazo de coworking no centro de Silleda serviría para atraer novo talento e para favorecer o relacionamento social e laboral das persoas que, coma eu mesmo,

traballamos a distancia” recalca o concelleiro Xerardo Díaz, que lembra os problemas na

calidade do subministro de enerxía e de acceso á rede que aínda hoxe dificultan o traballo de moitas persoas desde os seus fogares na contorna rural.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page