O BNG de Palas acusa ao PP "de enganar aos veciños sobre a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas"
- ecosdacomarca

- hace 16 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O BNG de Palas de Rei acusa ao PP e ao goberno deste municipio de "enganar aos veciños sobre a rehabilitación dos mosteiro de Vilar de Donas".

"Nestes últimos días vimos como o PP anunciaba que levaría unha iniciativa ao Senado para que se desbloqueara a axuda de 1,5 millóns de euros para rehabilitar o Mosteiro de Vilar de Donas. Ao mesmo tempo, o goberno municipal palense, tamén demandaba explicacións ao Ministerio de Turismo sobre dita axuda que según o propio alcalde palense xa estaba comprometida. Dende o BNG de Palas de Rei manifestamos que tanto o Partido Popular coma o goberno municipal palense están enganando á veciñanza, xa que o Mosteiro de Vilar de Donas non puido ser incluido no Plan Turístico Nacional Xacobeo 21-22 do Ministerio de Industria e Turismo ao non ser un ben patrimonial de titularidade pública . O Real Decreto 1074/2021 que regula estas axudas indica que só pode optar a estes fondos o patrimonio de titularidade pública".
Publicidade
E recalca que o "Concello de Palas de Rei ten un acordo de cesión deste ben patrimonial co Bispado de Lugo, pero dito ben segue sendo propiedade do propio Bispado. No BNG de Palas de Rei tivemos acceso a esta información referente ao mosteiro despois de solicitar información ao Ministerio de Turismo e ao goberno galego. Nós consideramos que este proceder do PP e do goberno palense non son admisibles".
Publicidade
Dende o BNG de Palas entenden que a mellor garantía para rehabilitar este inmoble sería conquerir a titularidade pública do mesmo para poder solicitar fondos públicos sen inconveniente algún.
NOTICIA RELACIONADA:
Palas insta ao Ministerio de Industria e Turismo que cumpra coa reforma do mosteiro de Vilar de Donas: https://www.ecosdacomarca.com/post/palas-insta-ao-ministerio-de-industria-e-turismo-que-cumpra-coa-reforma-do-mosteiro-de-vilar-de-dona








Comentarios