Palas insta ao Ministerio de Industria e Turismo que cumpra coa reforma do mosteiro de Vilar de Donas
- ecosdacomarca

- 9 oct
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei solicitará novamente do Ministerio de Industria e Turismo e da Secretaría de Estado de Turismo os fondos correspondentes á rehabilitación do Mosteiro de Vilar de Donas, a obra que fora incluída no Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022 e a que incluso se lle chegou a asignar unha cantidade orzamentaria de 1.500.000 euros, que foron anunciados na presentación do citado Plan, en Oviedo, no verán de 2021, pola daquela titular do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, tal e como sinala o ente local.

Explica que dito Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22, xurdiu para impulsar os Camiños de Santiago, como produto cultural e patrimonial, dotado dunha partida orzamentaria de 121 millóns de euros que se desenrola no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España, no exercicio de inversión pública e de reformas encóntrase o Mosteiro de Vilar de Donas, en Palas de Rei cunha inversión de 1.500.000 euros.
Publicidade
“Transcorridos tres anos dende o anuncio feito pola titular, por aquel entón, do Ministerio, nada se sabe dos fondos económicos asignados polo Ministerio para á rehabilitación do Mosteiro de Vilar de Donas”, destaca o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, quen afirma que “logo de que o Concello de Palas de Rei acadase o acordo co Obispado de Lugo, para a rehabilitación integral deste inmoble que actualmente encóntrase nun mal estado de conservación, neste sentido, o Concello de Palas de Rei volverá a interesarse polo estado dos fondos económicos para a súa reforma e recuperarción incluidos no Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22, toda vez, que dito inmoble forma parte do patrimonio histórico e cultural do Concello de Palas de Rei o que supón non só a consecución dunha histórica demanda dos vecinos/as, senón que tamén ,dos milleiros de visitantes cos que conta a Igrexa románica de Vilar de Donas anexa ao Mosteiro.
O mandatario estima que de cara ó vindeiro ano Santo, o Xacobeo 2027, sería moi importante acometer estas obras, unha vez que o Concello xa acadou do Obispado a dispoñibilidade do inmoble, neste senso, insta ó Ministerio a que cumpra coa asignación económica comprometida para este fin.







Comentarios