top of page

O BNG de Arzúa reclama ao PP "rigor e non usar partidistamente o futuro empresarial de Arzúa"

As e os nacionalistas comproméntese desde a alcaldía a impulsar un proceso participativo, avalado por informes técnicos e estudos de viabilidade, no debate sobre o futuro do polígono industrial


Ecos da Comarca/Arzúa

O grupo municipal do BNG no Concello de Arzúa sinala que non apoiou a moción presentada polo Partido Popular no pleno do pasado 2 de outubro sobre o polígono industrial, ao considerar que un asunto de tanta relevancia para o futuro económico do municipio debe abordarse con rigor e cun proceso participativo, avalado por informes técnicos e estudos de viabilidade.

ree

A proposta do PP consiste en trasladar o polígono industrial a Pastoriza, mais desde o BNG critican que “non existe ningún informe técnico que avale esa decisión, nin tampouco un estudo de viabilidade que a sustente, e só se alude a supostas reunións con AECA e Xestur das que o goberno municipal nunca tivo constancia”. Ademais, lembran que esas propostas “nunca foron trasladadas formalmente nin por parte de AECA nin de Xestur ao Concello de Arzúa”. Para o grupo nacionalista, isto demostra que “o PP está a facer un uso partidista e electoralista dun asunto estratéxico para o futuro de Arzúa”.


Estudo rigoroso e apoio da Xunta de Galiza

A portavoz do BNG, Lucía López, lembrou no pleno que “compartimos a preocupación sobre a necesidade de dotar a Arzúa de máis opcións de chan industrial, pero tamén temos claro que un asunto de semellante importancia non se despacha cunha moción tan sinxela e na que se aseguran cuestións das que habería que ter un contraste real e cuantificado”.


 PUBLICIDADE

ree

Engadiu que “o que podemos facer desde o goberno municipal é comprometernos a facer as cousas ben: solicitando un estudo económico e técnico rigoroso que avalíe cal é a mellor opción para ampliar o chan industrial do noso concello, con datos reais, criterios de viabilidade e visión de futuro”.


Neste sentido, a portavoz salientou que “é imprescindible ter en conta tamén a realidade das empresas que xa están instaladas no polígono actual, coñecer as súas necesidades e avaliar como se verían afectadas por calquera modificación ou traslado”.


López avanzou que “impulsaremos unha rolda de contactos e unha reunión aberta con todas as entidades e particulares interesados, para que o futuro do polígono industrial de Arzúa sexa consensuado, participado e pensado a medio e longo prazo, non para unha utilización partidista e electoralista como a que fai o PP con esta moción”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, engadiu que “unha vez que se produzan esas reunións esperamos contar co apoio técnico e económico da Xunta de Galiza, porque a experiencia dinos que Arzúa leva anos abandonada nesta e noutras moitas materias en canto a investimento institucional”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page