top of page

O BNG cruceño acusa ao goberno de "falta de planificación no inicio de obras na vila"

Denuncia a "absoluta falta de planificación e responsabilidade do goberno municipal no inicio das actuacións que afectan á rúa Xosé Neira Vilas, á travesía Vázquez nº 5 e a parte da rúa Sergio Iglesias Pazos"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces, a través do seu portavoz Alex Fiuza, denuncia a "absoluta falta de planificación e responsabilidade do goberno municipal no inicio das obras" que afectan á rúa Xosé Neira Vilas, á travesía Vázquez nº 5 e a parte da rúa Sergio Iglesias Pazos. Trátase, apunta o Bloque, "dunha actuación situada nun punto estratéxico para o tráfico da vila que, lonxe de ser programada con criterio, comeza con atraso e nun dos peores momentos posibles: ás portas da celebración do Galo de Curral, o evento con maior afluencia de visitantes do ano no municipio".

Unha visita do goberno local a Travesía Vázquez.
Unha visita do goberno local a Travesía Vázquez.

Desde o BNG consideran esta decisión "unha mostra evidente de desorganización e desprezo pola veciñanza e polo tecido económico local. O inicio destas obras nestas datas

vai provocar un caos circulatorio innecesario, afectando gravemente á mobilidade nun

momento clave para a hostalaría, o comercio e a imaxe da vila. Resulta incomprensible que o goberno municipal non fose quen de prever esta situación nin de adaptar os tempos de execución desta obra. Esta falta de previsión só pode responder á incompetencia na xestión ou á ausencia total de planificación".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O BNG esixe explicacións inmediatas ao alcalde e ao concelleiro de obras sobre os motivos do atraso no inicio desta actuación, así como sobre os prazos previstos inicialmente e os criterios empregados para decidir o seu comezo nunhas datas claramente prexudiciais para o interese xeral.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Non é aceptable que a veciñanza de Vila de Cruces teña que asumir as consecuencias

dunha xestión deficiente que evidencia, unha vez máis, a incapacidade do goberno municipal para organizar actuacións básicas sen prexudicar o funcionamento normal do

concello. Desde o BNG de Vila de Cruces seguiremos denunciando este tipo de actuacións e defendendo unha xestión seria, responsable e planificada, que poña no centro os intereses da veciñanza".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page