top of page

O BNG anima á veciñanza a participar no mitin de hoxe en Melide

hace 7 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

O BNG organiza este venres 20 de novembro en Melide un acto público aberto dentro da campaña electoral das eleccións xerais. Terá lugar ás 20:00 horas no centro multiusos da localidade e contará coas intervencións de Ana Mosteiro, voceira municipal do BNG; Lucas Quintas, responsable comarcal de Galiza Nova e integrante da candidatura ao Congreso; e Bieito Lobeira, candidato ao Senado.

 PUBLICIDADE

A través deste acto a organización busca dar a coñecer "as súas propostas na defensa de Galiza e dos dereitos sociais de cara ao vindeiro encontro electoral do 29N. Unhas propostas que ademais veñen avaladas polo intenso traballo que a representación nacionalista no Estado veu desenvolvendo nos últimos anos, para poñer no foco as problemáticas intrínsecas a Galiza e demandar solucións e melloras por parte do goberno central ás condicións sociais das clases populares galegas", salienta o Bloque.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste senso, fai un chamado á veciñanza a participar deste acto, para coñecer de primeira man as propostas e compromisos que o BNG asume para as vindeiras eleccións xerais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page