O Concello de Melide celebrou a Xunta Local de Seguridade
Laura Moure/Melide
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, presidiu onte a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade na que participaron, ademais dos membros do Concello de Melide que forman parte deste órgano, representantes da Garda Civil e da Policía Local.

A reunión serve para analizar a situación da seguridade cidadá no municipio, avaliar a evolución dos datos de criminalidade e repasar as principais incidencias rexistradas.
PUBLICIDADE
Ademais, coordínase o traballo entre os distintos corpos e forzas de seguridade, como a Garda Civil, a Policía Local e outros servizos de emerxencia, e abórdanse cuestións relacionadas coa prevención, a convivencia, a protección da cidadanía e a seguridade nos espazos públicos.
PUBLICIDADE
O obxectivo é reforzar a colaboración institucional, mellorar a coordinación dos efectivos e garantir unha resposta eficaz ante as necesidades de seguridade do municipio.









Comentarios