top of page

O BNG acusa o PP na Xunta "de actuar de comercial da mina de Touro-O Pino"

Pide dar marcha atrás na declaración como PIE


Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa

A deputada do BNG Saleta Chao acusou o Goberno do PP na Xunta de actuar como “comercial” da empresa da mina de Touro-O Pino e esixiu, máis unha vez, a paralización da súa declaración como proxecto industrial estratéxico (PIE), unha “manobra –advertiu– que permitiu pisar o acelerador e reactivar de golpe toda a tramitación” e, en consecuencia, "a ameaza que supón este proxecto no entorno, con especial afectación na bacía do Ulla e na ría de Arousa".

Saleta Chao.
Saleta Chao.

Na Comisión 6 do Parlamento, a deputada preguntou o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, que vai facer a Xunta respecto á sentenza de febreiro deste ano do TSXG que ordena retrotraer as actuacións administrativas ao momento inmediatamente anterior á DIA desfavorable de 2020.

 

“Con esta sentenza ábrese unha situación anómala na que a Xunta debe retomar a DIA respecto do proxecto de 2027 mentres ten en tramitación un PIE para o mesmo proxecto desde 2024, o que xera unha situación de inseguranza sobre a que a Administración galega debe aclarar que vai facer”, advertiu a deputada da comarca.  

 

Saleta Chao emprazou ademais o Goberno de Rueda a atender á mobilización de veciñal e de entidades sociais e ambientais que rexeitan “de plano a reactivación dun proxecto contaminante" que, alertou, vai empeorar a situación na que se atopan o río Ulla e a ría de Arousa, “a máis produtiva a nivel marisqueiro do noso País, con preto de 4.000 empregos directos e onde xa se pode apreciar a sedimentación por cobre procedente da mina”.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

“Fronte ás protestas do sector, a Xunta preferiu mirar cara outro lado e poñer a mina por diante da ría e por diante da xente, poñer o beneficio económico curtopracista por diante do futuro ambiental e produtivo do nos País”, lamentou, para criticar o intento do PP na Xunta de “limitar a participación social negando a condición de interesado a persoas e entidades dos concellos afectados, ao contrario do que establece a lei”. 

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No debate da iniciativa parlamentaria, Saleta Chao lembrou ademais o recente informe do Icomos no que se alerta sobre posible afección que a mina vai ter sobre o Camiño de Santiago ao seu paso polos concellos de Touro e O Pino. “O Camiño é o principal produto turístico do noso País e patrimonio da humanidade desde o ano 1993 e o informe do Icomos, é cando menos preocupante para a súa preservación”, advertiu.   

 

A deputada do BNG advertiu, por outra banda, do consumo dunha grande cantidade de recursos hídricos que implicaría a reactivación da mina, cuestionando así se o proxecto, desde ese punto de vista, é compatible co momento de “emerxencia climática sen precedentes que estamos a vivir", lembrando que a Xunta xa declarou xa a estas alturas do ano a prealerta por sequía nun bo número de concellos. 

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

“Os gobernos deberían gobernar para a xente, pero os feitos demostran que vostedes non o fan”, subliñou Chao en alusión á “folla de ruta” que está a seguir o Goberno de Rueda neste e noutros proxectos: “Tirar para adiante pasando por alto a oposición veciñal e de todas as entidades que presentan alegacións contra un proxecto que é unha ameaza polo seu impacto ambiental e económico”, concluíu.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page