top of page

Cornado Mina Non pronúnciase sobre a fichaxe de Venancio Salcines por parte da mina de Touro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro


COMUNICADO ÍNTEGRO DO COLECTIVO CORNADO MINA NON

Venancio Salcines e o seu paternalismo insultante Nas últimas semanas coñecemos a fichaxe do economista e empresario Venancio Salcines pola empresa que pretende explotar unha mina a ceo aberto nas localidades de Touro e O Pino. Dende a súa incorporación ao plantel da Cobre San Rafael son habituais as publicacións defendendo un novo proxecto e reescribindo a historia da antiga explotación. Nada extraño se temos en conta que é un asalariado dun proxecto empresarial. Sen embargo o que chama a atención é o argumentario mediante o que pretende convencer á sociedade galega, posicionada de forma masiva e histórica en contra do proxecto mineiro. En primeiro lugar, queremos resaltar algunhas das súas frases célebres para ilustrar a superioridade moral dende a que escribe: “Sabéis cuanto cuesta crear un puesto de trabajo en la Galicia vaciada? Un mundo. Y yo no quiero verla abandonada. Quiero volver a ver niños paseando por nuestras corredoiras". Como veciños podemos decirlle ao señor Venancio que claro que coñecemos o esforzo que supón crear emprego no rural. Mostra disto son os proxectos empresariais que sacamos adiante e que mesmo son referencia no eido da transformación dos produtos agroalimentarios, no sector turístico ou no tecnolóxico. Sorprende ler como un economista, que se considera a sI mesmo como prestixioso, caricaturice a nosa comarca como un lugar baleiro e dependente dunha suposta actividade mineira que nin siquiera viviron os que hoxe teñen máis de 30 anos. O que sI viviron foron os pasivos ambientais en forma de contaminación salvaxe, e aí o señor Salcines tamén ten algo que dicir: “Dicen que el regato Portapego da pena verlo, y es cierto. Hay que actuar sobre él y hacerlo rápido […]Exigírselo a un tercero cuando no se lo has exigido al que la explotó parece que no tiene mucho sentido […]o importante es que Eva Gómez el lunes presentará ante la Dirección General de Minas un proyecto para crear dos plantas de tratamiento de aguas. Una inversión cercana al millón de euros y que dejará al rÍo Pucheiras y al regato Portapego en perfecto estado de revista […]”. Parece que se lle olvida ao prestixioso economista que Explotaciones Gallegas adquiriu nos anos 90 os terreos mineiros e polo tanto tamén as obrigas legais de restauración. O que ahora quere vender como unha obra benéfica, foi nos últimos 30 anos (cando Salcines aínda non situaba Touro no mapa) un auténtico xogo de escapismo coa lei. Mostra disto son os numerosos expedientes sancionadores contra esta empresa e unha denuncia nos xulgados por parte da fiscalía de Medio Ambiente que se está procesando na actualidade. Na súa ardua tarefa por lavar a imaxe da empresa e as tarefas de suposta restauración levadas a cabo até o momento por unha sociedade filial da mineira escribe: “TEN es una compañía que nace gracias al conocimiento que existe en la Universidad de Santiago de Compostela. Esta empresa recupera los lodos de las depuradoras de un millón y medio de personas, los trata y los convierte en terreno fértil. Así volvieron a crear áreas verdes donde solo había roca”. No que parece outro despiste do señor Salcines, amosamos condescendencia e comprensión polo seu absoluto descoñecemento sobre a realidade dos que aquí vivimos e dos nosos concellos, esquece que a empresa TEN leva anos martirizando a vida dos que viven no seu entorno con insorportables cheiros que poñen en risco a saúde das persoas. Realidades como as diferentes multas que recibiu a mencionada empresa por vertidos contaminantes ao dominio público tampouco merecen ser mencionadas nos textos de Salcines. Por último, a flamante fichaxe da mineira pon o foco nun dos sectores máis contrarios á explotación como a ría de Arousa e o seu tecido económico negando unha posible contaminación do río Ulla: “Las aguas de este río y de este regato beben de la propia mina, por tanto sus aguas son ricas en metales, y aunque se demostró que no afectaban al Ulla, sí generaban preocupación social”. Nun intento de malabarismo coas palabras o asalariado de Cobre San Rafael dá a entender que non existe contaminación no río Ulla e polo tanto non hai risco para Arousa. Unha mágoa que non tivese en conta o alto risco de falla da balsa de estériles nunha zona rica en cursos fluviais (de aí o nome de Fonte Díaz onde se asenta a mina) que desembocan no Ulla e que tal e como demostran os estudos técnicos poderían producir unha auténtica catástrofe na ría de Arousa en cuestión de horas. Segundo a RAG o termo paternalismo acúñase a aqueles que actúan nas relacións sociais ou políticas con exceso de control aparentando protección e benevolencia. O señor Salcines pode aforrase o seu paternalismo cara os nosos veciños porque si en séculos de historia non nos fixo falta ningún mesías estamos seguros de que agora tampouco necesitamos alguén que nos guíe e que nos reescriba a historia. Cornado MINA NON.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page