O Barrio da Cacharela de Lalín acollerá o 8 de agosto a segunda edición do Coacharela Fest
- Laura Moure

- hace 14 horas
- 2 min de lectura
Laura Moure/Lalín
O sábado 8 de agosto terá lugar a segunda edición do Coacharela Fest no Barrio da Cacharela, en Lalín, dende as 13 horas e despois dunha moi boa acollida tanto da xente como nos medios. "Cunha esencia de barrio característica e buscando conectar co público celebramos esta edición mantendo unha parte fundamental destinada á gastronomía e outra á música. Teremos distintos espazos determinados pero cohesionados entre si", sinala a organización.

A cita contará con nove cociñeiros de renome que contan cunha vinculación ao Concello de Lalín "para representar a esencia de cercanía e comunidade do equipo. Prepararánse 8 tapas en tres turnos repartidos entre o mediodía e a noite en horarios de comida e cea".
Chefs participantes
CHEF ALEX IGLESIAS - (LALÍN)
CHEF DIEGO LÓPEZ - LA MOLINERA (LALÍN)
CHEF ADRIÁN FELÍPEZ - MIGA (A CORUÑA)
CHEF ÁLVARO SANCHEZ - CASA SANCHEZ (RODEIRO)
CHEF BÁRBARA OTERO - CASA SANCHEZ (RODEIRO)
CHEF RULI GARCIA - NIGIRI DE KONTIKE (LALÍN)
CHEF CRIS LÓPEZ - TABERNA ALOLA (LALÍN)
CHEFS MARÍA PÉREZ E NOEL FERNÁNDEZ - ACOUGA
FOGAR GASTRONÓMICO (CHANTADA)
PUBLICIDADE
"Para ampliar a oferta gastronómica e dar continuidade ao servizo entre o mediodía e a noite, nesta edición introducimos o punto salgado como novidade principal. Por unha banda, afianzamos a esencia de cercanía e comunidade do festival colaborando coas
panaderías do barrio da Cacharela para dispoñer dos seus produtos, Panadería Nercellas e Panadería Balado. Por outra, e para ofrecer unha opción estilo street food rápida, a Taberna Alola ofertará en exclusiva as súas gildas como punto base do recinto. Con isto conseguimos dinamizar o espazo e aumentar a retención do público no festival durante toda a xornada", explica a organización.
PUBLICIDADE
Catas
Dada a boa acollida da cata de viños da primeira edición este ano, tamén ofertará dúas catas organizadas por Vinos Manuel Gil e Codorniu. Por un lado, haberá unha cata de espumosos de Codorniu con maridaxe exclusivo de pastas salgadas de Pastelería Navaza, en colaboración con Distribuidora Javi Vázquez e por outro, unha cata de viños con maridaxe de produtos de Real Conservera Española por parte de Vinos Manuel Gil.
PUBLICIDADE
Organizarase a asistencia de forma anticipada en vista da gran demanda do ano anterior, polo que se levará a cabo en dúas franxas a cata de Codorniu a partir das 15:00 e a de Vinos Manuel Gil a partir das 18:30 horas. "O espazo destinado para estas actividades será un apoio nas horas de comida e cea para uso dos festivaleiros e festivaleiras, permitindo aproveitar ao máximo o espazo", recalca o ente organizador.
En canto ao apartado musical, correrá a cargo de tres grupos musicais e dous DJ’s para a franxa do mediodía e ben entrada a noite, ademais, contarase con amenización musical durante todo o día.
PUBLICIDADE
Actuacións
SET DE DJS: SANTI MOLI & MONCHO NELA
De 13:00 a 17:00 - De 01:30 a peche!
O GRAN SHOW
De 21:00 a 22:30
MUARÉ
De 22:30 a 00:00
CHORIMA
De 00:00 a 01:30










Comentarios