top of page

O artista lalinense Iván Barreiro ofrece un concerto de música flamenca no Museo Casa de la Troya o día 15

14 oct
2 min de lectura

Laura Moure/Lalín

O Museo Casa de la Troya e a Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos -entidade que xestiona o museo- promoven un concerto do músico lalinense Iván Barreiro. A actuación, que conta co apoio do Concello de Santiago, terá lugar no propio museo este xoves, 15 de outubro, a partir das 20:00 horas. A entrada é libre ata completar aforo para un máximo de 30 persoas. As portas abriranse ás 19:45 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tal como explica o director do museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, Benigno Amor, “baixo o título `Guitarras na Troia´, temos en marcha

unha proposta para dar a coñecer o traballo de músicos dedicados á interpretación da

guitarra que viven en Compostela, achegando así ao público estilos musicais diferentes.

Trátase de concertos didácticos que buscan ademais acercar novos públicos ao museo”.

O músico Iván Barreiro, orixinario de Lalín e veciño de Compostela desde hai anos, iniciou

a súa traxectoria artística de xeito autodidacta no ano 1995. Comezou os seus estudos de guitarra jazz e folk na Escola Estudo de Santiago e de historia da música tradicional no

Conservatorio de música tradicional e folque de Lalín (actualmente Central Folque). En

1999 empeza a formarse en guitarra flamenca, inicialmente con Marcos Teira en Santiago

e máis tarde na Fundación Cristina Heeren de arte flamenca en Sevilla. Posteriormente,

trasládase a Madrid para recibir clases co mestre Ricardo Modrego. Gañador do IV

Certame folk de Radio Obradoiro co grupo Grodan Deflo, tocou e gravou con grupos e

músicos como Marful, Cempés, Pesdelán ou Lar Legido, entre outros. No ámbito flamenco,

traballou xunto a Lar Legido e Olalla Turnes no trío Turnes-Legido-García. Na actualidade

forma parte do cuarteto Tacón Gitano.


Iván Barreiro ofrecerá un concerto didáctico no que abordará coa súa guitarra os estilos

máis representativos do flamenco. Será unha sesión para iniciarse no mundo do flamenco,

a través de xéneros como a bulería, a soleá ou as seguiriyas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Esta actuación enmárcase no programa “Outubro Troyano”, que inclúe concertos didácticos de diferentes artistas no Museo Casa de la Troya, ademais de concertos da agrupación Troyanos de Compostela en centros socioculturais do rural compostelá, xunto a diversas actividades de carácter cultural. Forma parte ademais da programación conmemorativa do centenario do falecemento de Alejandro Pérez Lugín.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page