O alumnado da Escola das Persoas Maiores de Arzúa desfruta dunha comida de fin de curso
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O alumnado da Escola das Persoas Maiores do Concello de Arzúa, un servizo que se vén ofrecendo aos maiores de 60 anos que queren traballar a memoria, a atención e as ensinanzas básicas iniciais (EBIs), despediu o curso cunha comida de confraternidade.

PUBLICIDADE
Na mesma estiveron acompañados do seu profesor, Luis Vázquez, quen quixo felicitar á súas alumnas e alumnos "polo esforzo, entusiasmo e adicación que puxeron en todas as clases" ao tempo que os animou a repetir como alumnado o vindeiro curso xa que "a dor da despedida non é nada coa ledicia de reunirse de novo".







Comentarios