top of page

O alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa recauda e dona 550 euros para a Fundación Martín Álvarez Muelas

Promove a investigación sobre o glioma intrínseco difuso de línea media (DIPG), patoloxía que na actualidade non ten cura e que padecía a nena de Cruces falecida hais uns días


Laura Moure/Arzúa

O alumnado e profesorado da EFA Piñeiral de Arzúa lideraron o Magosto Solidario 2025 coa finalidade de recadar fondos a favor da Fundación Martín Álvarez Muelas, entidade que naceu coamisión de mellorar a asistencia médica, tratamentos e protocolos do cancro infantil así como invertir en proxectos de investigación e no coñecemento do DIPG. O Magosto solidario contou coa participación de estudantes de todas as familias profesionais dos ciclos formativos da Efa Piñeiral, así como de docentes e familias.


Durante as xornadas da campaña, ademais da tradicional degustación de castañas e produtos de tempada, organizáronse obradoiros, xogos populares e degustación e venda de produtos, todo co obxectivo de recadar fondos e sensibilizar sobre a importancia da solidariedade e do compromiso social.


A recadación íntegra foi destinada á Fundación Martín Álvarez Muelas, unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a atención e os tratamentos do cancro infantil e a impulsar a investigación sobre o DIPG. Entre as súas liñas de actuación destacan que “están comprometidos en mellorar as vidas dos nenos e nenas que padecen DIPG e das súas familias”.

ree

Segundo explicou o equipo docente coordinador da actividade, “esta iniciativa pretende fomentar valores como a solidariedade, a empatía e o traballo en equipo, demostrando que isto tamén se aprende e se vive dende o ámbito educativo”.


Durante o acto, Isabel Álvarez, nai de Martín e impulsora da Fundación Martín Álvarez Muelas, destacou a relevancia de accións solidarias, sinalando que “campañas solidarias como as carreiras ou estos proxectos son fundamentais para dar visibilidade a enfermidades pouco coñecidas e para seguir recadando fondos que permitan avanzar na investigación”. Engadiu ademais que “agora mesmo están centrados en buscar estudios clínicos do DPIG para a busca de fármacos ou para poder alargar a vida de persoas, especialmente nenos, que sufren este tipo de enfermidade”.


A EFA Piñeiral apoiou ao alumnado na planificación e desenvolvemento da actividade, ofrecendo asesoramento pedagóxico e soporte loxístico, reforzando así o compromiso, a educación en valores e a implicación social da mocidade. Con accións como o Magosto Solidario, a EFA Piñeiral continúa consolidándose como un centro comprometido coa comunidade, impulsando un modelo educativo que combina aprendizaxe, compromiso e solidariedade, e contribuíndo á construción dun rural máis humano e cohesionado.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Solidariedade na aula

Nos últimos anos, o ciclo de Educación Infantil da EFA Piñeiral mantén viva a tradición do Magosto Solidario, unha iniciativa que une convivencia, aprendizaxe e compromiso social. En cada edición, o alumnado organiza actividades e obradoiros para apoiar diferentes causas, implicando ao alumnado na organización de actividades, xogos e obradoiros destinados a sensibilizar sobre valores como a empatía e a cooperación.


En edicións anteriores, os fondos recadados no Magosto Solidario destináronse a diversas causas solidarias. Así, apoiouse á Fundación Andrea, en favor dos nenos e nenas con enfermidades de longa duración; á Asociación Red Madre, colaborando con proxectos de apoio a nais e familias en situación de vulnerabilidade; á Asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia); e á Ilusión de Sergio, entidade comprometida coa investigación e a mellora da calidade de vida dos nenos con enfermidades graves.


A través destas accións, a EFA Piñeiral reforza a educación en valores e o espírito solidario que caracteriza o seu proxecto formativo. O propio alumnado sinala: “Sentimos que ademais de formarnos como profesionais podemos contribuir en diferentes causas, que todo o que aprendemos nas aulas o podemos poñer en práctica e achegar a nosa contribución de xeito desinteresado”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page