O alcalde do Pino pídelle á Xunta que autorice facer esperas para controlar o exceso de lobos
- ecosdacomarca
- hace 15 horas
- 1 Min. de lectura
O rexedor recorda que hai numerosos ataques ao gando vacún e ovino na metade das parroquias do municipio
Ecos da Comarca/O Pino

Os gandeiros de seis parroquias do Pino están moi preocupados polos constantes ataques do lobo, que mata vacas e ovellas, dun xeito máis reincidente en Lardeiros, Pastor, Medín, Gonzar, San Breixo e Cerceda. Unha vez que se levantou a protección do lobo no listado Lesrpe, o alcalde pídelle á Consellería de Medio Ambiente que autorice ao Tecor A Magdalena poder facer esperas para controlar a poboación de lobos.
Nunha carta remitida á conselleira Ánxeles Vázquez, o alcalde do Pino, Manuel Taboada, solicita que se informe ao Concello dos pasos a seguir para que o Tecor A Magdalena poida tramitar as peticións e autorizacións pertinentes, conforme á normativa vixente, para facer as esperas e axudar a controlar a poboación dos lobos.
Publicidade
O Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa aprobou en decembro cambiar o estatus internacional do lobo en Europa, pasando de especie estritamente protexida a protexida.
Publicidade
Agora en que España tamén se modificou o Listado de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) para o Lobo, dende o Concello do Pino solicitan o apoio da
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para que autorice ao Tecor A Magdalena a evitar a excesiva presenza do lobo no municipio e colaborar, deste xeito, cos gandeiros do Pino.
Comments