top of page

O alcalde de Vila de Cruces volve solicitar á Xunta de Galicia que arranxe a PO-960

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O Concello instala novas pancartas para repor as recentemente desaparecidas, comezando polo Consistorio


Laura Moure/Vila de Cruces

Despois de máis de dous meses de colocar as pancartas na PO-960, que desapareceron os poucos días da súa instalación, as prioridades do equipo de goberno de Vila de Cruces seguen sendo as mesmas, tal e como reitera. "E a Xunta de Galicia non se puxo en contacto para dar solución o problema da PO-960, unha vía moi transitada que une a Vila de Cruces con Santiago de Compostela", cuestiona o equipo de Luis Taboada.

"Visto que non hai noticias por parte da Xunta de Galicia, e unha vez comprobado que as consellerías non sufriron cambios relevantes co novo presidente da Xunta de Galicia, pódese comprobar que a estrada PO-960 segue abandonada pola Xunta de Galicia dende hai décadas a pesar das entrevistas do alcalde Luís Taboada con Ethel Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para darlle unha solución definitiva, e que dunha vez por todas se arranxase", recalca o equipo de goberno quen ademais sinala que o mandatario incluso chegou a poñer pancartas reivindicativas, "as cales misteriosamente desapareceron de súpeto", lembra.

Por este motivo, Luis Taboada ten previsto solicitar unha nova entrevista con Ethel Vázquez para que aclare "dunha vez que ten previsto para solucionar este problema, e se non se achega ningunha solución", o rexedor non esgota a posibilidade de levar a cabo mobilizacións contundentes, nas cales fará partícipes a todos os cruceños e cruceñas, como xa anunciou meses atrás.


Este xoves instalaron unha nova pancarta no Consistorio na que se pode ler novamente Cansados de esperar, só nos queda actuar, a mesma frase para o mesmo problema que segue sen solución, e unha petición que é: ¡Arranxo da estrada PO-960 xa!

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page