top of page

O alcalde de Melide trasládalle distintas peticións sobre infraestruturas ao subdelegado do Goberno

José Manuel Pérez cualifica de “positiva” a reunión e que agarda que dea resultados “satisfactorios para a localidade nun breve espazo de tempo”


Laura Moure/Melide

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, mantivo onte unha reunión de traballo co subdelegado do Goberno da Coruña, Julio Abalde, para trasladarlle as reivindicacións do Goberno local en materia de infraestruturas. Pérez cualifica o encontro de “positivo” e agarda que dea resultados “satisfactorios para a localidade nun breve espazo de tempo”.

En concreto, o rexedor interesouse polo estado das obras da rotonda da N-547 á altura do

cruce de Santa María, unha obra moi necesaria tendo en conta que é a entrada dos peregrinos procedentes do Camiño Francés e, polo tanto, un cruce que soporta moito

tráfico rodado e peonil.


En relación coa nova situación xerada coa apertura do tramo da Autovía A-54 entre Palas

de Rei e Melide, o alcalde explicoulle ao subdelegado a afectación na circunvalación do

campo da feira, ante o elevado número de camións pesados que agora pasan por esa vía.

Neste senso, demandou a necesidade de que aglomeren a estrada cuxo deterioro vai en

aumento.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Melloras de sinalización

Entre as reivindicacións que José Manuel Pérez lle trasladou ao subdelegado do Goberno, atópase tamén a necesidade de mellorar a sinalización en diferentes puntos da vila de Melide, como os pasos de peón na AC-840 e a instalación dun semáforo que regule o tráfico á altura da Capela de San Roque.


Demandoulle ademais a reparación da “Pista do Señorito”, un vial que enlaza os concellos

de Melide e Santiso. Ao mesmo tempo, trasladoulle unha queixa veciñal da parroquia de San Cosme para que se amañen os danos derivados das obras na estrada lindeira á

autovía, que provocaron unha inclinación da vía e que é preciso reverter.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Todos os temas abordados -explica o rexedor- teñen que ver coa seguridade viaria, un asunto de máxima importancia para os veciños e veciñas e para o tráfico que soporta

Melide”, polo que agarda unha contestación en positivo por parte do Goberno do Estado

“para poder arranxar estes imperfectos que non supoñen un gran custo económico”.


Pérez recorda que se trata de demandas que no seu día xa foron trasladas ao Ministerio de Fomento, polo que agarda o compromiso do Goberno Central para que se lles poida dar solución “o antes posible”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page