top of page

O alcalde de Cruces mantivo unha reunión coa deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade

Abordaron os proxectos de mellora en varias infraestruturas viarias do municipio


Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, reuniuse onte coa deputada de Infraestruturas

Públicas e Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro, na sede provincial co obxectivo de retomar diferentes proxectos de mellora das infraestruturas viarias no municipio.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No encontro, solicitado polo alcalde, abordouse, en primeiro lugar, a posibilidade de avanzar nunha senda peonil na parroquia de Cumeiro, unha actuación que permitiría

unir o lugar de Navaza con Carballal, mellorando a seguridade viaria e a mobilidade

peonil na zona.



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, na reunión aproveitouse para falar do proxecto de desensanche e

reposición da estrada que une Merza con Bascuas, e que finaliza coa súa conexión coa

estrada PO-960 no denominado cruce da Farrapa. Coa redacción do proxecto xa

rematada, nestes momentos a Deputación está pendente da entrega dos terreos

necesarios para poder proceder á súa execución, de acordo co proxecto. Trátase

dunha vía de especial importancia para a comunicación e que presenta claras

necesidades de mellora.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Vila de Cruces valórase de xeito moi positivo este encontro coa

deputada, que supón un paso adiante na colaboración coa Deputación para sacar

adiante actuacións de importante necesidade.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page