O alcalde de Arzúa insta á Xunta a que contrate un ou unha especialista en Pediatría
- ecosdacomarca
- 28 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Responde así á crecente preocupación da veciñanza pola ausencia desta especialidade médica ata mediados de abril debido a unha baixa non cuberta
Ecos da Comarca/Arzúa
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fixo un chamamento urxente á Xunta de Galicia para a inmediata contratación dun ou dunha pediatra para o Centro de Saúde de Arzúa, respondendo así á crecente preocupación da comunidade pola ausencia desta especialidade médica ata mediados de abril debido a unha baixa non cuberta. Trátase dunha demanda que a veciñanza trasladou a Alcaldía e que obrigaron a esta a tomar medidas proactivas.

"Esta mañá, desde o Concello, enviamos unha carta á Consellería de Sanidade para expoñer de forma clara e contundente os problemas que a falta da pediatra está causando no noso servizo de atención primaria", declarou onte o rexedor. “O compromiso do Concello de Arzúa coa saúde e o benestar dos seus habitantes, especialmente dos e das máis pequenas, fai imperativo unha acción rápida e eficaz por parte das autoridades sanitarias galegas.”
Publicidade
Esta iniciativa non só busca resolver un problema inmediato senón tamén fortalecer o sistema de saúde local para evitar situacións similares no futuro. Con este fin, o Concello mantense en constante diálogo coa Consellería de Sanidade e outros axentes relevantes para garantir que os dereitos e o benestar da veciñanza de Arzúa sexa sempre a prioridade.
コメント