top of page

O alcalde de Agolada recibe aos cativos do campamento no Consistorio

Laura Moure/Agolada

Este mércores tamén tocou excursión para os nenos e nenas que participan na primeira quincena no campamento de Agolada, levado a cabo pola empresa Eduvía. Os 20 cativos visitaron esta mañá o Consistorio.


O alcalde, Luis Calvo, recibiunos na entrada do edificio. Despois, visitaron cada unha das plantas da Casa Consistorial e saudaron aos traballadores. Un dos sitios favoritos foi o despacho do rexedor onde aí ningún deles se resistiu a sentarse na cadeira do mandatario para sacarse unha foto.


O Salón de Plenos tamén lles chamou a atención. Alí sentados exerceron de membros da Corporación Municipal e formularon distintas preguntas e propostas a Calvo, entre elas pediron que se poña unha tirolina en Agolada; preguntaron por actividades para nenos; se se vai facer algo máis nos Pendellos ou se Agolada vai dispoñer de fibra óptica! Preguntas que non deixan de sorprender!

Os nenos no Salón de Plenos.

O Xulgado de Paz tamén lles gustou sobre todo polos “libros antigos” que alí hai.


Por suposto, xa houbo quen dixo que lles gustaría traballar de maior no Concello e convidaron ao alcalde a asistir a festa de fin de quincena, que será este venres.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page