top of page

O agility, protagonista na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda

Acolle esta fin de semana un seminario cos recoñecidos profesionais Joanna Michalska e Óscar Morales


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle durante esta fin de semana un seminario sobre agility ao que acoden desde distintos puntos de Galicia unha vintena de afeccionados a este deporte canino. Esta acción formativa, organizada pola asociación Galician Agility Festival, conta como formadores con dous reputados agilitistas internacionais. Son a polaca Joanna Michalska e o español Óscar Morales, ambos participantes en numerosas ocasións en finais internacionais e con gran recoñecemento neste deporte. Onte en horario de 10:00 a 18:30 horas e hoxe dende as 10:00 ás 17:00 horas, estes agilitistas ensinan aos participantes, entre outros aspectos, a crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista.

Este seminario é o cuarto organizado pola asociación, a cal xa contou con outros recoñecidos profesionais para as súas actividades formativas, como Verónica Odone, campioa do mundo 2023 que xa estivo en tres ocasiones, o campión de España Axular Casado ou o subcampión do mundo por equipos Álex Sequeiros. O próximo mes de maio será o actual campión do mundo, Adrián Bajo, quen oriente a todos os participantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Uns relatores que reflicten o gran nivel dos seminarios organizador por Galician Agility Festival, unha asociación que nace ante a gran afección polo agility na Comunidade e o interese pola formación neste deporte canino, e cuxo obxectivo é dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional, para o que escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades. Unha elección na que foron determinantes tanto as súas instalacións como a súa localización no centro de Galicia, resultando segundo este colectivo “unha contorna incrible para a práctica do agility”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Importantes eventos en 2025

Tanto os seminarios previos como o que se está levando a cabo esta fin de semana no recinto, son soamente o comezo dunha intensa actividade da Galician Agility Festival, pois xa planea outros talleres para o vindeiro ano, ademais dun gran evento internacional que nestes momentos están a perfilar.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page