O 30 acaba o prazo para xustificar as axudas ás entidades culturais, deportivas e veciñais de Silleda
- Laura Moure

- hace 5 minutos
- 1 Min. de lectura
Os colectivos beneficiarios das axudas, que suman máis de 100.000 euros, deberán de presentar a documentación requerida
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda lembra que as asociacións, colectivos e clubs deportivos que recibiron este ano subvencións municipais para desenvolver as súas actividades deben de xustificar estas axudas nas vindeiras semanas tendo como data límite o vindeiro día 30 deste mes de novembro, tal e como se recolle nas Bases Reguladoras das axudas publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

Para xustificar estas axudas, os colectivos deben de presentar as facturas correspondentes así como os xustificantes de pago, fotografías que acrediten a
celebración das actividades e cubrir un anexo para a conta xustificativa, que está dispoñible tanto no Concello, como na web municipal e tamén nas propias bases da convocatoria.
Aínda que algunhas destas axudas xa foron xustificadas e abonadas, dende o Concello lémbrase que aínda faltan entidades por presentar a documentación. En total repartiránse máis de 100.000 euros entre os colectivos veciñais, culturais e clubs deportivos. No caso das subvencións nominativas ás dúas bandas de música, estas entidades tamén están a xustificar os gastos no marco do procedemento establecido.
Publicidade
Para calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento de xustificación, os directivos das entidades beneficiarias pode dirixirse ao departamento de Cultura, ou chamar ao 986 580 000.







Comentarios