top of page

O “3 en liña” reparte os seis últimos premios tras xerar case 90.000 € de ingresos para o comercio

10 ene 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o quinto e último sorteo da promoción “3 en liña” do Nadal, que contribuíu a mobilizar desde o pasado día 4 de decembro preto de 90.000 euros de ingresos entre os

comercios asociados, xa que o buzón da AED recibiu en total 591 tarxetas con selos das tres compras dun mínimo de 50 euros.

Este quinto sorteo realizouse na Cafetería Rosaleda e as persoas que resultaron premiadas cos vales de compra de 250 euros para canxear nos 92 comercios asociados foron Olga Villanueva, Beatriz Sánchez, Silvia Gómez, María Teresa Paz, Flora Mato e María José Iglesias. Segundo acreditan os selos das tarxetas premiadas, os comercios nos que realizaron as súas compras foron C&C Young Trend, Colorín Colorado, Cris Abad, G-Básico, It ́s Man Only, It ́s Only, Librería Álvarez, Moca, Strass, Varell Sport e Zapatería Martínez.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page