top of page

O 26 arrincará unha semana con grandes descontos e liquidación de xénero no comercio local de AECA

Son 19 os locais de Arzúa que participan nesta iniciativa


Laura Moure/Arzúa

Tras repartir 1.000 agasallos promocionais coas mercas dende o inicio das rebaixas, agora a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza dende o vindeiro lúns 26 ata o sábado 31 de agosto unhas xornadas especiais dentro da programación da campaña Rebaixas de Verán 2024. 19 comercios do CCA Arzúa de distintos sectores como son moda, calzado, complementos, deportes, óptica e decoración ofrecerán durante esta semana grandes oportunidades de merca con descontos de ata o 70%.

A campaña desenvolverase en horario habitual e nos propios establecementos, puidendo ademais expoñer mercadorías na rúa para a súa venda grazas á autorización do Concello de Arzúa. AECA organiza esta actividade para achegar o comercio local ao cliente; dándolle a oportunidade de descubrir a pé de rúa produtos de calidade a prezos moi rebaixados. Todo para dinamizar as vendas do Centro Comercial Aberto na recta final da tempada e axudar a remontar as vendas do verán que chegou con moito atraso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende AECA animan a visitar o CCA Arzúa durante esta semana extraordinaria para aproveitar os incríbles descontos que ofrecerán os seguintes comercios asociados: ARROUPADIÑOS, BOUTIQUE ANDURIÑA, CALZADOS IGLESIAS, CAROLA MODA, CEMPÉS, DEPORTES LÓPEZ, ESTRENAS ZAPATERÍA & COMPLEMENTOS, EUROMUEBLE DECORACIÓN, LA TIENDA DE MARTA, LAGE MODA, MD LENCERÍA E FOGAR, MI TATA, MÍA MARÍA, MISS ZAPATOS, MODA SARI, NOVAVISIÓN ÓPTICA, ÓPTICA ABAL, SPORT MODA E VADI MODA.


Así mesmo, AECA quere destacar que "o CCA Arzúa é un valor seguro e de confianza onde verdadeiramente ofrecen rebaixas reais". Pola contra, este colectivo quere previr ao consumidor, "pois en ocasións as grandes cadeas comerciais fabrican coleccións de pésima calidade expresamente para poñer á venda durante as rebaixas ou incluso incurren en irregularidades con falsos descontos o cal supón unha competencia desleal".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page