top of page

O 14 de febreiro cesarán as emisións de televisión en formato SD para facilitar o ancho de banda e comezar en formato HD

Ecos da Comarca/Xeral

O goberno de España informa que o 14 de febreiro de 2024 cesarán todas as emisións de televisión en formato SD para facilitar o ancho de banda e comezar coas emisións en formato HD.

Desta maneira veranse afectadas as vivendas que non dispoñan dunha televisión ou decodificador externo compatible e aquelas que reciban o sinal vía satélite e tampouco dispoñan dun receptor compatible.


Publicidade

Ante calquera dúbida con respecto a este proceso ou se se observa problemas na recepción das canles televisión contacte coa Oficina de Atención a la Televisión Digital no 901 20 10 04 ou a través dos formularios de atención.


Publicidade

Ademais os interesados poden consultar toda a información na seguinte páxina web:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page