top of page

O 13 de xuño levarase a cabo un simulacro de incendio en Lebozán, Vilanova e Sanguiñedo


Laura Moure/Lalín/Dozón

O vindeiro martes 13 de xuño a partir das 9 horas e durante toda a mañá terá lugar un simulacro de activación da situación 2 por emerxencia de incendio forestal que se desenvolverá nas parroquias lalinenses de Vilanova e Lebozán e en Sanguiñedo (Dozón).


A tal fin este xoves desenvolveu no salón de Plenos do Concellod de Lalín unha xuntanza de coordinación dos medios que van intervir no dito simulacro que estivo dirixida polo xefe do Servizo de Emerxencias de Pontevedra da Xunta, Miguel Pérez Dubois, e polo concelleiro responsable de Seguridade Cidadá, Policía Local e Protección Civil, Pablo Areán, e na que tomaron parte persoal de incendios forestais, de Policía Local, Emerxencias Lalín, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lalín, Garda Civil, UPA (Unidade de Policía Autonómica), a AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias) e GALI (Grupo de Apoio Loxístico de Intervención).

No dito encontro concretouse o dispositivo que vai intervir nesta situación que ten como obxectivo mellorar a capacidade de xestión e coordinación de todos os grupos operativos que nun momento pode facerse real como sucedeu no mes de agosto do pasado ano.


Cómpre indicar que o operativo que intervirá no simulacro estará conformado por representantes de todas as entidades que onte tomaron parte na reunión de coordinación e tamén por Bombeiros do Deza e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dozón.

Cómpre remarcar que o simulacro do vindeiro martes implicará tamén o confinamento do lugar de Samprizón, na parroquia de Lebozán.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page