O 112 Galicia rexistrou hoxe máis de 150 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa
- Laura Moure

- hace 14 minutos
- 2 Min. de lectura
A provincia máis castigada foi a da Coruña, con 85
Laura Moure/Xeral
O 112 Galicia rexistrou máis de 150 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa no día de hoxe. De forma maioritaria, as intervencións que tiveron que levar a cabo os servizos de emerxencias estiveron relacionadas coa caída de árbores ou pólas en vías de circulación, cun total de 91, así como accións de prevención de risco, con 24. Tamén se reportaron cables, postes e carteis en vías de circulación (24).

No día de hoxe, a provincia máis castigada foi a da Coruña, con 85 incidencias rexistradas. Síguea a de Lugo (44) e Pontevedra (36). En canto a municipios, os concellos máis afectados foron os de Vigo (19), Burela (9), Ribeira (8), A Coruña (6) e Mondoñedo (6).
Tanto hoxe coma onte producíronse varios incidentes que cómpre mencionar. Na pasadas noite, un coche sufriu un accidente contra unha árbore en Abegondo, pouco antes das 21:00 horas, aínda que só houbo danos materiais. Non foi así noutra incidencia rexistrada en Culleredo, onde unha persoa resultou ferida logo de que a un vehículo lle caese unha árbore enriba, con catro turismos implicados. Ademais, durante a tarde, caeu parte dunha fachada dunha residencia de maiores en Viveiro por mor do vento, sen que ningunha persoa se vise afectada.
Publicidade
No día de hoxe, durante a madrugada, reportouse un aviso dun contedor sobre un turismo na rúa de José Echegaray, así como unha sinal caída sobre un coche na rúa de Forcarey, ambas na Coruña. Máis tarde, contra as 6:00 horas, un turismo que sufriu aquaplaning na estrada foise contra a mediana na AP-9 en Santiago, aínda que ao igual que nos anteriores accidentes tampouco houbo persoas feridas. Por último, arredor das 7:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia de que lle caera enriba un anaco dunha fachada na rúa do Campo da Estrada, na Coruña, de maneira que foi preciso solicitar a intervención das urxencias sanitarias.
Ademais, é preciso mencionar que se mantén activo o plan Inungal, con varias estación baixo observación: Cambeda en Vimianzo, Xallas en Santa Comba, Sar en Bertamiráns e Ames, Miñor en Gondomar, Balsa en Cabana de Bergantiños, Lérez en Pontevedra, Cabeiro en Redondela e Tamuxe no Rosal.
Publicidade
Nas Exposicións Nacionais os cans obterán puntos para o Campionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas








Comentarios