O 1 de xuño arrancará o obradoiro de emprego Touro, Boimorto, O Pino
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Este programa permitirá a formación e contratación de 20 alumnos/as traballadores/as durante 9 meses
Ecos da Comarca/Comarca de Arzúa
O Concello de Touro informou este domingo que acaba de recibir unha subvención da Xunta de 454.552 € para o obradoiro dual de emprego Touro–Boimorto–O Pino.

PUBLICIDADE
Despois de moitos anos, o Concello de Touro volveu solicitar unha axuda para promover un obradoiro de emprego e acaba de ser concedida por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Este programa permitirá a formación e contratación de 20 alumnos/as traballadores/as durante 9 meses nas especialidades de:
Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
Conservación e mellora de montes
PUBLICIDADE
O obradoiro comezará o 1 de xuño de 2026 e desenvolverase en colaboración cos concellos de Boimorto e O Pino, contribuíndo á mellora do emprego e á posta en valor destes municipios.








Comentarios