top of page

Nove ofertas para executar a reposición do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Cruces

Laura Moure/Deza

A Xunta recibiu as ofertas de nove empresas para executar as obras de reposición integral do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Vila de Cruces, que suporán un investimento de 1,6 millóns de euros.

No referido á mellora da estrada PO-201, que conecta Silleda e Laro, o investimento previsto para estes traballos ascenderá a preto de 600.000 euros, que se destinará ao fresado, reposición do firme, modernización das marcas viarias e limpeza de marxes no treito correspondente entre os puntos quilométricos 0+000 e 7+840.


Pola súa banda, na estrada PO-960, entre Vila de Cruces e Ponte Ledesma, investiranse máis de 1 millón de euros no fresado, cambio da capa de rodaxe, marcas viarias e sinalización, substitución dos vellos sistemas de contención e recrecido das cotas de rexistro entre os puntos quilométricos 16+910 e 32+710.

¡Debido á meteoroloxía, ao envellecemento dos materiais e ao grao de deterioro do firme de ambas as estradas -na PO-960 circulan 1.170 vehículos diarios e na PO-201, 1.099-, optouse por unha solución completa para a nova capa de rodaxe cunha fonda capa de saburra, rego de imprimación e de adherencia e mestura bituminosa. A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page