top of page

Nova liña de autobús para facilitar os desprazamentos do persoal sanitario desde Lalín e Silleda

A Xunta implantará este servizo desde o luns para dar resposta ás peticións trasladadas polos usuarios e por estes dous Concellos


Laura Moure/Deza

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade porá en marcha o vindeiro luns día 17 unha nova liña de autobús que permitirá ao persoal sanitario dos municipios de Lalín e de Silleda acudir aos seus postos de traballo no Hospital Clínico de Santiago e no Hospital de Conxo.

Este novo servizo dá resposta ás peticións trasladadas polos usuarios e polos Concellos de Lalín e de Silleda, que demandaban maiores conexións cos hospitais de Santiago co obxectivo de adaptar os servizos ás quendas de traballo actuais do persoal sanitario.


A nova liña, cuxa denominación é Lalín-Hospital de Conxo, estará operativa todos os días da semana durante todo o ano e contará con seis expedicións, tres de ida e tres de volta, con frecuencias distribuídas en horario de mañá, tarde e noite.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para acudir ao hospital, o novo servizo de autobús sairá da estación de autobuses de Lalín ás 6:35, ás 13:35 e ás 20:35 horas. Para retornar aos seus fogares, os usuarios disporán de servizos que iniciarán percorrido no Hospital de Conxo ás 8:15, ás 15:15 e ás 22:15 horas. A viaxe terá unha duración estimada de 1 hora e 10 minutos e o itinerario abranguerá as seguintes 15 paradas: Lalín estación e autobuses, Bergazos, Taboada, Silleda, Bandeira, Lamela, Penaporrín, Loimil, Balboa, Arnois, Ponte Ulla, Ribadulla, Santiago estación intermodal, Hospital Clínico de Santiago e Hospital de Conxo.


A Xunta atende deste xeito as peticións trasladadas polo persoal sanitario e polos concellos, no seu compromiso continuo por mellorar os servizos de transporte público interurbano adaptándoos, na medida do posible, ás necesidades de mobilidade dos usuarios.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page