top of page

Naturgy interrompe durante un mes o servizo do ferry de Portodemouros para facer o mantemento

Laura Moure/Xeral

Naturgy interrompe temporalmente o servizo de trasbordo da barcaza de Portodemouros para realizar o mantemento periódico

reglamentario. O servizo non estará operativo entre os días 7 de novembro e 7 de decembro, ambos incluidos.

En concreto, Naturgy interromperá o servizo de trasbordo da barcaza do embalse de Portodemouros entre os días 7 de novembro (desde as 9:00 horas) e o 7 de decembro (ata as 20:00 horas), para cumprir o requerimento legal que esixe a inspección e o mantemento periódico deste transporte.


"As actuaciónsde mantemento de inspección redundarán nunha maior e mellor garantía do servizo aos usuarios e serán levadas a cabo coa máxima dilixencia para minimizar o tempo de interrupción", informa a empresa.

Mentres duren estes traballos, os desvíos de circulación estarán debidamente sinalizados mediante a colocación de carteis indicadores do itinerario alternativo.


Naturgy lamenta as molestias que se poidan ocasionar durante os días de interrupción do servizo.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page